CASTRO DE FAZOURO


O castro de Fazouro está situado ķ leste da plaia de Arealonga no lugar de Punta do Castro, na parroquia de Fazouro (Foz). Trátase dun asentamento costeiro que aproveita unha pequena península que se adentra no mar, sobre unha zona acantilada. A sua configuración é sinxela, posuindo un só recinto, defendido por un foso excabado no istmo co xunta ca terra, e desta forma aisla completamente o asentamento. Interiormente existen duas liņas de parapeto moi alteradas por labouras agrícolas, e das que só se conserva o seu tramo oeste. O área habitada ocuparía todolo recinto definido polo foso, ainda que na actualidade podemos asegurar que algunha parte do xacemento perdeuse debido á acció erosiva do mar. Asimesmo, a construcción dun chalet na península do Castro supuxo a destrucción dalgunhas estructuras.
As primeiras intervencións oficiais en Fazouro comezaron fai xa unhos trinta anos, cando se levaron a cabo duas intervencións arqueolóxicas (1963-65) sufragadas pola entonces Dirección Xeral de Belas Artes. Os traballos, de corta duración, realizáronse na zona norte do xacemento, xunto o acantilado, poñendo ó descuberto unha serie de construccións que, lixeiramente ampliadas, configuran o espacio expositivo que podemos apreciar hoxe nela. As breves referencias que temos destas excavacións, basándose nos materiais hachados(cerámica e bronces) e nas características constructivas dos restos(prantas cuadrangulares, restos de enlucido, enlousados, etc), sinalan unha ocupación tardía, claramente relacionada co influxo romanizador.
A partir deste momento, Fazouro volve a caer no olvido, tanto no aspecto científico coma patrimonial, sendo unicamente rexistrado en diferentes catalogacións realizadas na zona. Coma consecuencia, o xacemento sofre unha paulatina degradación, cubríndose de vexetación e escombros.
A intervención de 1988 realízase coa intención de recuperar o xacemento coma un centro de atracción social de carácter estrictamente arqueolóxico. Naturalmente, este interese básase na necesidade de potenciar a proxección social da arqueoloxía, a presentación pública dun xacemento coma medio de aumentar o coñecemento e aprecio hacia o noso pasado remoto. O proxecto foi realizado por persoas con un interés común na conservación do patrimonio arqueolóxico, e foi concebido con un marcado carácter experimental e baixo estrictos criterios de actuación.